Potencial de mercado, desarrollo y capital humanomodelos de nueva geografía económica y sus implicaciones para el caso de Galicia

  1. Manso Fernández, Guillermo
Zuzendaria:
  1. Jesús López-Rodríguez Zuzendaria

Defentsa unibertsitatea: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 2017(e)ko uztaila-(a)k 10

Epaimahaia:
  1. Eugenio M. Fedriani Presidentea
  2. José Andrés Faíña Idazkaria
  3. María Teresa Alvarez Martínez Kidea

Mota: Tesia

Teseo: 485563 DIALNET lock_openRUC editor

Laburpena

Esta tese aborda a existencia dunha concentración espacial da actividade económica e do capital humano nas rexións de Galicia no ámbito dos modelos de economía xeográfica. No primeiro dos ensaios que compoñen a tese dáse conta da existencia dun patrón espacial oeste-leste na distribución da actividade económica a través do cálculo do potencial de mercado para as comarcas de Galicia. No segundo ensaio, pártese dun modelo de economía xeográfica para probar a existencia de disparidades nos niveis de renda per cápita nas comarcas galegas no período 2003-2013. No ensaio derívase e estímase unha especificación econométrica que relaciona os niveis de desenvolvemento nos diferentes lugares do espazo co potencial de mercado. Os resultados das estimacións para as 53 rexións de Galicia para o período de 2003-2013 amosan que o potencial de mercado ten un impacto positivo e significativo sobre a determinación dos niveis de renda per cápita das comarcas. No terceiro ensaio derívase e estímase un modelo de economía xeográfica con acumulación endóxena de capital humano a partires da contribución seminal de REDDING e SCHOTT (2003). O modelo relaciona os incentivos a acumulación de capital humano coa xeografía económica das distintas localizacións. A estimación do modelo, utilizando diferentes variables que se aproximan os niveis de educación nas comarcas galegas, amosan a existencia dunha relación positiva e significativa entre o potencial de mercado e os niveis de capital humano, confirmando deste xeito a existencia dun gradiente espacial na distribución de capital humano.