Fortalecemento municipal e descentralización en Guatemala

  1. Linares, Luis
  2. Linares, Rony
  3. Herrador, Arturo
  4. Galán Vioque, Roberto
  5. Gamero Casado, Eduardo
  6. Vera Jurado, Diego José
Revista:
Administración & cidadanía: revista da Escola Galega de Administración Pública

ISSN: 1887-0279 1887-0287

Ano de publicación: 2007

Volume: 2

Número: 2

Páxinas: 115-169

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: Administración & cidadanía: revista da Escola Galega de Administración Pública

Resumo

Tras a sinatura en Madrid dos tratados de paz de 1996, o reforzo das autoridades locais converteuse nunha prioridade en Guatemala, e o mesmo ocorreu coa axuda e a cooperación exterior. Xa existe un sistema legal en vigor para os municipios e no ano 2002 implantouse unha política nacional de descentralización. Malia todo, os avances foron escasos. Os gobernos locais de Guatemala son moi febles e enfróntanse a problemas moi graves, como a seguridade pública, a xestión de residuos, o abastecemento de auga e a contaminación; problemas todos de competencia municipal. A poboación en Guatemala é moi heteroxénea. Arredor dun 60% é poboación nativa, que son as persoas que dispoñen de menos recursos e as que se enfrontan aos problemas sociais máis graves. O sistema que utilizan os concellos, igual que en moitos outros países de América do Sur, consiste en promover a integración destes cidadáns. Hoxe en día, faise necesario aumentar os orzamentos locais (mediante o incremento de impostos) e mellorar a formación e a continuidade dos empregados para poder así garantir a eficacia necesaria dos servizos públicos locais