A devolución de ingresos indebidos no IVRDHunha batalla pendente

  1. José Miguel Martín Rodríguez 1
  1. 1 Universidad Pablo de Ol
Revista:
Administración & cidadanía: revista da Escola Galega de Administración Pública

ISSN: 1887-0279 1887-0287

Ano de publicación: 2018

Volume: 13

Número: 1

Páxinas: 9-19

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: Administración & cidadanía: revista da Escola Galega de Administración Pública

Resumo

A incompatibilidade do IVRDH (imposto sobre vendas retallistas de determinados hidrocarburos) co dereito da UE declarada pola Sentenza do TXUE do 27 de febreiro de 2014 no asunto C-82/12 (Transportes Jordi Besora, S.L., contra a Generalitat de Catalunya) impúxolle ao Reino de España a obriga de devolver os ingresos indebidos durante a súa vixencia. Malia as importantes limitacións temporais a esta, un gran número de contribuíntes instou (mesmo antes da sentenza) a dita devolución. Neste traballo imos examinar de forma crítica os argumentos a favor e en contra de que os suxeitos pasivos do tributo, principalmente empresas gasolineiras, poidan obter a dita devolución. En espera da resolución da causa polo TS, o interese da cuestión é máximo se atendemos ao volume de recursos en xogo.