Salarios, capital humano y experiencia en Españaanálisis para el período 2006–2020

  1. Villasenin Ramos, Mabel Haydée
Dirixida por:
  1. José Andrés Faíña Co-director
  2. Jesús López-Rodríguez Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 07 de setembro de 2022

Tribunal:
  1. Isidoro Romero Luna Presidente/a
  2. Laura Varela-Candamio Secretario/a
  3. Eugenio M. Fedriani Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 740097 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Vaise a empregar principalmente a ecuación minceriana, utilizando como input datos procedentes da Enquisa de Orzamentos Familiares realizada en España, para analizar as consecuencias da grave crise económica padecida, tanto a nivel nacional como rexional, e determinar si produciuse ou non, unha ruptura estrutural. A literatura empírica internacional que estima os rendementos da educación utilizando funcións de ingreso mincerianas, é bastante abundante. O que se pretende coa presente investigación, é centrarse no caso español, co obxectivo de comprobar cómo afecta a cambiante situación económica aos rendementos obtidos en función dos anos de formación académica recibidos, así como cal é a reacción dos afectados ante eses cambios. Para finalizar, tamén se aplicarán outras técnicas de estimación, para complementar os resultados obtidos. Este documento organízase da seguinte forma. Despois dunha introdución xeral, o contido da investigación estrutúrase en seis capítulos, que se agrupan no que se podería considerar base da investigación, contorna e ampliacións. Finalízase coas conclusións obtidas e as futuras liñas de investigación. Por medio de dous anexos, facilítase a información que permite unha correcta interpretación das fontes de datos, así como as estimacións realizadas sobre cada unha das comunidades autónomas, debido á súa extensión. En cada capítulo comezarase cun resumo sobre os obxectivos que se pretenden conseguir, seguido dunha introdución ao tema exposto, consideracións teóricas, unha breve recensión da literatura aplicable, a metodoloxía empregada, a fonte de datos utilizada, as estimacións econométricas, e os resultados obtidos. Ao finalizar, un comparativa si iso é pertinente, e as conclusións parciais nas que se contrastan os resultados obtidos cos obxectivos propostos. Para complementar o desenvolvemento dos capítulos, farase uso das abreviaturas e acrónimos contidas no Epígrafe “Abreviaturas”, das definicións contidas no Epígrafe “Glosario”, da bibliografía contida no Epígrafe “Referencias bibliográficas”, e dos Anexos que complementan a información facilitada.