A motivación dos actos de selección e perda da condición de empregado público

  1. Rocío Navarro González
Revista:
REGAP: Revista galega de administración pública

ISSN: 1132-8371

Ano de publicación: 2017

Volume: 1

Número: 53

Páxinas: 109-130

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: REGAP: Revista galega de administración pública

Resumo

A Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non modifica substancialmente a exixencia da motivación dos actos que resolven procedementos selectivos e de concorrencia competitiva, a cal debe darse conforme o disposto nas normas que regulan as convocatorias, acreditándose, á súa vez, os fundamentos da resolución que se adopte, xa sexa cunha motivación individual para cada interesado, xa sexa cunha remisión ao expediente. Ante o aumento crecente de procedementos selectivos que carecen da suficiente publicidade e transparencia, a obriga de xustificar as decisións administrativas adoptadas durante tales procesos revalorízase, adquirindo verdadeira importancia a motivación como manifestación da transparencia administrativa e como garantía inescusable que debe darse en todo procedemento administrativo. No ámbito da función pública, a motivación é unha peza clave que manifesta particularidades propias, en especial nos supostos de adquisición e perda da condición de empregado público.